
Guía de galicia (Edición do centenario)
Bajo pedido
Te llega entre el 10 y el 22 de diciembre
Autor: Ramón Otero Pedrayo
Editorial: Fundacion Otero Pedrayo
Se foi o xeógrafo Domingo Fontán quen lle puxo rostro ao país coa Carta xeométrica de Galicia, foi Otero Pedrayo, coa Guía de Galicia (1926), quen a dotou de palabras e historias que encheron as trazas das vilas, ríos, camiños e orografías alí debuxadas, converténdose nun intérprete para futuras xeracións que estableceron Galicia como suxeito nas súas diferentes facetas: políticas, culturais históricas e económicas. A Guía permitiu a Otero sistematizar a súa visión de Galicia desde unha perspectiva total ao integrar xeoloxía e xeografía, paisaxe e economía, artes, cultura e evolución histórica, cunha erudición maxistral. Estamos ante un manual para imaxinar un país: unha Galicia luminosa. Un país que ten sentido cando prende do seu patrimonio, a súa cultura e a súa paisaxe, en palabras de Manuel Gago Mariño, responsable desta edición, que conmemora o centenario da súa publicación.
Ficha del libro
- Año de edición
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411766517







