🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

Economía por un futuro sustentable

2019 GLG
ISBN: 9788484874539 LAIOVENTO (IBD) Ensaio
16,84 € 16,84 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Título: Economía para un futuro sustentable. Subtítulo: Chaves para entender a economía do noso tempo. Dicía Joan Robinson(1903-1993), unha grande economista inglesa, que «a mellor razón paraaprender economía é para que os economistas non te enganen». Enefecto, a economía é unha ciencia interesante e complexa, aínda que se cadra os economistas teiman en facela aínda máis complexa e, polocamiño, o que conseguen é facela menos interesante e máisescura. Boa parte da materia de Economía no bacharelato baséase nasimple adaptación deste modelo -clásico- ao nivel dos alumnos. Destapauta o premio Nobel (2001) Joseph Stiglitz afirma que «as teoríasobsoletas que se continúan a ensinar en todas as universidades domundo son un dos motivos polos que se continúan aplicando as políticas económicas arcaicas que non nos han sacar da crise». Nestesentido, a ECONOMÍA PARA UN FUTURO SUSTENTABLE, de Vicent Cucarella, ensina «o que é debido ensinar» nunha clase de Economía, mais non dunxeito habitual, «como é debido». De primeiras non ten fórmulas ningráficos, o autor tan só emprega a linguaxe e, por riba, unha linguaxe sinxela e comprensible, o que non significa que sexa simple. Enefecto, a fórmula utilizada é a dun diálogo ameno entre unhaeconomista, un físico e un estudante de bacharelato, entre uns mestres e un discípulo. Poderíamos dicir que segue o modelo do diálogosocrático.