Vermellos e Laicos. a Represion Gascista Do Maxisterio Cor
ISBN: 9788491516149 GALAXIA Memoria Histórica
Este libro que tes nas mans inaugura a colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia. Unha colección que quere botar luz onde moitos só queren escuridade. A defensa do laicismo foi unha das apostas máis rupturistas earriscadas dos republicanos. A Constitución de 1931 estableceu que o Estado carecía de relixión oficial, polo que os dogmas do catolicismodeixaron de se ensinar nas escolas, das que tamén desapareceu asimboloxía relixiosa. A partir de entón, no sistema educativo sóhabería espazo para a educación moral, que debía inspirarse no cultivo da tolerancia. O enfrontamento coa Igrexa, afeita a gozar de monopolios e prebendas sen taxa, resultaba ineludible, e, por"vermellos e laicos", foron castigados unha boa parte dos mestres emestras, como demostra este libro, onde se analizan os cargos que selles apuxeron. Unha represión que ía desde o asasinato á sanciónadministrativa máis ou menos contundente, e que tamén afectou amoitos outros grupos sociais e profesionais, dado que tivo uncarácter masivo. Un estudo rigoroso que fai, tamén, dalgunha maneira, revisión dunhatremenda inxustiza.