Complices. A violencia machista institucional
ISBN: 9788491514428 GALAXIA Feminismos
Unha publicación máis que imprescindíbel. Este traballo vén botar luz sobre un dos aspectos da(s) violencia(s)machista(s) menos estudado e tamén menos visíbel: a violencia queexerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres queestán en situación de violencia machista. Poucas publicaciónscoñecemos que aborden este tema de xeito directo. A autora exploravarios eidos institucionais, cos que tivo ontacto directo, e convida a outras autoras. Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (que achega unha perspectiva desde o eidorural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (ambas as dúas traballadoras dunhaasociación de parálise cerebral) a completar o panorama dunhasinstitucións que deberían acoller e defender as mulleres violentadaspolo machismo. A través deste libro podemos aproximarnos ao labirintopolo que pasan as mulleres en situación de violencia, analizando asforzas de seguridade, o eido xudicial, os servizos sociais ou o eidosanitario.