Se rendre au contenu

Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historiaspara espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e oimaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente. A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbulenvurullado en murmurios do Oriente, abrimos o armario encaixado nasúa coiraza de pedra para deixar fuxir os fantasmas sexuais engloriosa promenade, vemos medrar a hedra do tempo no medio dunha grannevarada en Viena, notamos o vaivén das ondas nos afastados mares de Terranova. Xavier Queipo preséntanos historias impregnadas de sensaciónsoníricas, que asentan nas lecturas, na experiencia vivida, naobservación da natureza, e que conforman un novo elo no universoliterario do seu autor.