Se rendre au contenu

A considerada «novena arte» é o centro de interese de «Cómic e Literatura», o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Litetaruras Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI) que, cada ano, achega unha publicación copropósito de que sirva de ferramenta nas tarefas de mediación entre olibro e a lectura. Aquelas persoas interesadas neste produto híbridoentre arte e literatura, coñecido como banda deseñada (BD), cómic, historieta ou historia en cadriños, entre outras formas, atoparánnesta publicación un conxunto de estudos panorámicos da situación da BD nos ámbitos castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro e mexicano. Tamén accederán a unha ampla selección de obras, que sonexemplo de biografía gráfica literaria, de adaptación á BD de obrasclásicas ou cómics atractivos formal ou tematicamente, e a un conxunto de vinte e catro análises pormenorizadas dalgún dos títulos máissignificativos. «Cómic e Literatura» non deixa á marxe a importanciade educar literaria e artisticamente a partir da BD e ofrece pautastamén nese sentido.