A culpa
ISBN: 9788411101776
Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursalbancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha mullerde aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controlaata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois doencontro, a señora Gondar falece e Amanda convértese inesperadamentena súa única herdeira. A moza, xunto co seu amante xornalista, Enric, comeza unha investigación sobre a identidade da anciá e descobre ahistoria vital que uniu de por vida a dúas mulleres poderosas: osterribles segredos que as devoran, as culpas que as perseguen e atóxica relación entre elas que remata nun final perturbador. Amanda non só herdou unha fortuna, tamén herdou unha culpa. Con «Aculpa» María Solar mergúllanos nunha narrativa na que non podemostomar alento ata desvelar por completo esta historia de dominación, tolemia e morte onde a culpa é omnipresente.