Lobos doentes
ISBN: 9788411102391
Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha nachaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tresprostíbulos. Este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten adiferentes autorías que semellan ter un só punto en común: aaplicación da lei do talión. Esta novela, na que o policía Sánchez Pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e lobas doentes queloitan pola supervivencia, débelle o título ao poema de Rosalía «Axusticia pola man». Antonio Tizón aproveita este contexto para afondar na temática recorrente da vinganza, enlazada co 11-M como marcohistórico da trama, e volve incidir, como en obras anteriores, naimpunidade do poder fronte ao crime ou na confusión entre a loucura ea maldade. Aínda que agora, en «Lobos doentes», a narración intentatamén descifrar a escuridade que rodea certas tendencias sexuais.