Se rendre au contenu

Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto eelevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundocun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotiánvagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can efiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolto na voz de Lennon, vaireconstruíndo a versión máis dramática desa biografía infausta que oimpresiona ata lle esfolar a pel de dentro. Acaba de descubrir osmotivos que hipoteticamente a puideron abocar á sorprendentemetamorfose: o verdadeiro segredo do Xabaril. En «A Muller Xabaril»Fina Casalderrey convídanos a inserirnos nunha historia amarga edolorosa, intrigante e conmovedora, que lexitima a memoria e afondanas miserias humanas e nos segredos familiares enmarcados nasturbulencias políticas da primeira metade do século XX.