Coa man esquerda
ISBN: 9788411103114
En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobreque contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamentemanuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia deanciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron parasempre. Esa especie de confesión ou legado do vello servirá para, ademais de liberarse dun pesado lastre, descubrir un segredo que oescritor non sabía de si mesmo. Empregando un estilo moi libre esedutor, volve Xabier Quiroga cunha alfaia literaria baseada nun feito real. Faino cun ritmo que deixa pouco espazo para tomar alento e daman dun narrador sometido aos ditados da memoria. O lector veraseintroducido de forma inevitable na atmosfera abafante dun lugarinhóspito e a mercé das mesmas relacións que envolven o personaxe doneno. Unha historia dura e tenra á vez, e finalmente estarrecedora, que nos achega á eterna vileza do ser humano.