🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

O estranxeiro

2023 152 p. GLG
ISBN: 9788411103862 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
16,84 € 16,84 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación deautobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabezadentro dunha bolsa de plástico do Mercadona. Tras a súa detención, dácomezo un delirante xuízo no que o acusado trata de xustificar a súacriminosa acción. Unha obra que se move no gume do surrealismo e naque, baixo o humor negro que preside a proposta, se agocha unha mordaz crítica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á voluble xustiza que decide o que é delito e o que non. A medio camiño entre«A conxura dos necios» e a novela de Albert Camus da que toma prestado o título, «O estranxeiro» constitúe unha reformulación da novelahumorística, afondando nos mecanismos que manexa este xénero eampliando as súas estremas, referencias e espazos clásicos.