Se rendre au contenu

I PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2022Verán de 1982. Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que envía o seu tío favorito, Leandro, que marchou ao Brasil e xanunca volveu. Un día chega unha que informa da súa morte nun accidente de tráfico en Río de Xaneiro. A familia sospeita que foi asasinado efala con Helena para lle facer unha encarga insólita: deberá mantelocon vida para que a avoa non o saiba. Deste xeito, Helena escribiráesas cartas do Brasil e converterase nunha escritora precoz, construíndo unha realidade alternativa que nos descubrirá os misterios dunha morte inesperada e todos os silencios dunha familia tocada pola emigración e a desgraza. Hotel Carioca é unha novela múltiple que, coma unha matrioska, contén outras novelas que van dende unha deformación a outra psicolóxica, pasando mesmo por unha policial. Cunestilo lírico, áxil e envolvente, Antón Riveiro aborda temas como ahomosexualidade e a súa aceptación, os coidados, a eutanasia, aemigración, a amizade, a descuberta da sexualidade e, sobre todo, ofantástico e intuitivo mundo da creación artística.