🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

Galiza Mater, raíz anterga

2024 158 p. GLG
ISBN: 9788411762021 GALAXIA Ensaio
17,12 € 17,12 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Á Galiza de sempre, raíz anterga da nosa cultura, adicoafervoadamente iste libro. Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrigues Lapa antepuxo á súa monumental edición das 'Cantigas d'escarnho emaldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses' (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto datraxectoria de Editorial Galaxia. Henrique Monteagudo atopa nesa dedicatoria a chave do ollas que Lapadeitou sobe Galicia e o seu idioma, e que desembocaría na súa proposta reintegracionista. Ao longo da súa brillante traxectoria, desde osseus primeiros estudos filolóxicos sobre a lírica medieval, eespecialemnte despois da súa primeira visita a Galicia (1932), candocontactou co movemento galeguista, o filólogo portugués demostrou unha fonda paixón pola nosa lingua. Neste libro, botando man da súacorrespondendia con Del Riego e Ramón Piñeiro, e mais dos fondos que o autor legou á Fundación Penzol, desenvólvese unha análise das súasideas sobre o galego e percórrese a súa colaboracíón coa resistenciagaleguista nucleada arredor de Editorial Galaxia, especialmente entre1950 e 1971, unha estreira relación en que Francisco Fernández del Riego xogou un papel chave, e da que a edición das 'Cantigas' étestemuño perenne.