Se rendre au contenu

O álbum gráfico 2 Viaxes, publicado por Xaquín Marín e mais Reimundo Patiño contra o ano 1975, representa o comezo da banda deseñadaen Galicia. Foron os pioneros dunha aventura que destaca pola súaorixinalidade e nidia vontade vangardista. Formaron un eficaztándem artístico. Agora, case 50 anos depois daquel impulso fundacional na bandadeseñada, temos a oportunidade, grazas a Fosfatina Ediciones e mais a Editorial Elvira, de ter nas nosas mans de novo esta marabilla. 2Viaxes son dous relatos visuais independentes, cada un co seupeculiar grafismo pero con puntos de contacto soterrados e quereflicten os ensoñamentos e loitas contraculturais da mocidadedaquela. Hoxe mergullados nun mundo de incerteza, as inquedanzas dasque xurdiron estas viñetas han topar un diálogo coas novasxeracións.