Se rendre au contenu

Avendaño e Patiño -e vicecervexa-, entre liña e fonema, palabra eimaxe, a circulación -e mesmo a ululación- do intervalo, doentre-medias, do entre dous. O que é o mesmo que dicir: ainterrupción e, ao tempo, o afán -interminable- da reapropiación, dasuxestión nun do que vén do outro e de fóra de un mesmo. Dicía, próximo, Nietzsche: Por que dous? por que dúas falas paradicir unha mesma cousa? Porque aquel que a di, sempre é ooutro. Ritmo, entre-dous, curto-circuíto entre escribir e pintar, palabra-imaxe, isto é Caosmos: O caosmos permítenos habitar ointermedio. Ou como diría nun murmurio John Cage, e non pode habersentenza mellor para rematar: Water writes always in plural.