Se rendre au contenu

Pola súa situación xeográfica e administrativa, Pontevedra sempredependeu dunhas boas comunicacións para dar servizo á súa áreametropolitana, e como capital, ao resto da provincia. Estasinfraestruturas teñen carácter paradoxal, por unha banda, unen espazosxeográficos, mentres que, por outra, separan lugares con algúnsignificado. A zona leste da cidade está a experimentar estacircunstancia por mor da liña férrea que une a vila do Lérez con Vigoe Compostela. Na actualidade, Pontevedra é a única grande urbe galega que gañapoboación de xeito constante, xa que logo, estase a expandir cara aoleste, até os barrios tradicionais da Parda e Valdecorvos en Mourente, sen esquecer Campolongo, no oeste. O reto no futuro seráintegrar eses barrios ao modelo urbano polo que aposta a cidade, centrado nas persoas e na calidade de vida, respectuoso copatrimonio cultural e natural das parroquias. Volver, un tango pontevedrés: Rosa é o nexo emocional que mantén vivono tempo a sensación de estar en casa. Cando Ana sae daestación de tren para ver a súa nai, a única patria que recoñece deseu, rexorden lembranzas que tiña agochadas. O relato cóntanoscon certa nostalxia como se vai construíndo unha familia e como cambia co paso do tempo. A autora concibe as historias de vida comounha viaxe interior de ida e volta que transcorre na memoria dasprotagonistas, coa cidade de Pontevedra como fío condutor. Alberto Vilaboa