Se rendre au contenu

Un novo libro-disco de Paco Nogueiras dedicado aos animais máispróximos e aos seus sons convertidos en divertidísimas cancións paracantar e bailar a calquera idade. O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar dagaliña, o zunir do mosquito... Ecos do mundo animal que inspiran osdoce temas deste traballo co que viaxamos polo mundo a través dediferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos doleste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock androll, dende unha fanfarra circense até unha melodía de influenciasandinas. As coloridas ilustracións de Marc Taeger permiten imaxinar esa granxadivertida e as páxinas finais do libro achegarán a lectores e lectoras adiviñas, refráns e ditos da nosa tradición oral que falan dosprotagonistas deste SON ANIMAL.