A flor perdida do xamán de K
ISBN: 9788416884742
Ela abriuno a el ó mundo. E el mantivo o mundo dela a salvo. Perú,1986. Cando Laila ingresa na clínica neurolóxica de Lima non pasadesapercibida: a filla dun diplomático finlandés e o seu cabelo moilouro intrigan os xoves pacientes do Departamento de Pediatría. Especialmente El Rato, o rapaz coa lingua máis longa que Lailacoñeceu. Os dous atopan accidentalmente un estraño diario, escrito en1941 por un tal doutor Clarke, e quedan fascinados polo debuxo dunhaflor rara utilizada polos xamáns da tribo de K., que segundo as notasde Clarke ten un gran poder curativo. Xusto nese momento chega odiagnóstico para Laila: os médicos por fin conseguiron darlle un nomeá súa enfermidade, un nome que non deixa esperanzas. Ou talvez si. Aínda hai unha cousa que os dous amigos poden facer xuntos: encontrara Flor Perdida que quizais poida curar a Laila. E cambiar o destino de ambos. Comeza así unha longa e inesperada viaxe que os levará dendeos Andes ata a selva amazónica, desafiando terroristas, narcotraficantes e unha natureza maxestosa e terrible.