Se rendre au contenu

Un grupo de turistas están a piques de embarcarno Proleterka, un buque iugoeslavo atracado en Veneciaque iniciará en breve a singradura cara a Grecia. Os últimos en cruzar a pasarela son unha adolescentede quince anos e o seu pai. Entre ambos os doushai un distanciamento total, e ao mesmo tempoun vínculo que se remonta a un escuro tempo remoto. Durante a viaxe, a filla desexa saber algo máis sobre Johannes, este home ao que apenas coñece, pero, sobretodo, gustaríalle descubrir esoutra cousa ignota: a vidacomo experiencia, ata agora só imaxinada dende dentrodos muros do internado. Delicada e precisa, Proleterka é unha novela breve sobrea incerteza, o resentimento, a dor familiar e adesconfianza, escrita cun estilo contido e sucinto, pero tamén intenso e conmovedor. Foi galardoadacos premios Donna Città di Roma e o Vailate Alberico Salaen 2001, así coma os Viareggio e o Vittorini en 2002.