Leria
ISBN: 9788471547309
Leria, que inicialmente foi o título dunha sección periodística, recolle unha serie de ensaios e pequenas colaboracións de prensa que o propio Risco seleccionou para formar con eles este volume aparecidopor primeira vez no ano 1961. Figuran nel, desde ensaios fundamentaispara coñecer a evolución dos homes da xeración da que formou parte, como o titulado Nós, os inadaptados, ata relatos como A Coutada ou Dedalus en Compostela, ademais dunha breve escolma de artigospublicados na prensa antes da Guerra Civil.