🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

Foulas

2004 72 p. GLG
ISBN: 9788482887272 Editorial Galaxia, S.A. Dombate (Poesía)
11,75 € 11,75 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Manoel Antonio é o poeta galego da renovación, da modernidade e davangarda. A súa obra está considerada un dos meirandes achados dapoesía galega da primeira metade do século XX. O autor deixou estelibro entre os seus inéditos e, posteriormente, Domingo García-Sabellincluíuno na súa edición da obra do poeta rianxeiro, publicada no ano72 tamen por Galaxia. A colección Dombate recupérao para non perderunha obra que considera fundamental para un mellor coñecemento dapoesía galega, unha obra que inflúe nos poetas de hoxe e configuraunha poesía en continuo proceso de renovación e arrequentamento. Apoesía de Manoel Antonio é coma unha fulguración, a loita do poeta cos límites da palabra. Foulas é un libro singular no que o autor comezaa experimentar coa disposición visual do texto en caligramas, no quexorde unha nova forma de concibir a paisaxe e que ofrece unhareelaboración orixinal da tradición popular. A obra de Manoel Antonio é unha das máis orixinais e anovadoras de toda a moderna tradiciónpoética galega.