A pensión Eva
ISBN: 9788482888248 GALAXIA
Durante os anos da Segunda Guerra Mundial, os cuartos da Pensión Eva, na vila siciliana de Vigatà, convértense en refuxio dos seushabitantes. Ademais, esa estraña "pensión" é unha presenza misteriosapara Nenè, un rapaz que, ata que logra penetrar na casa, non esperta á vida completamente. A pensión Eva é unha novela de iniciación á vida, á descuberta do sexo, do amor e da amizade nos tempos duros e senesperanza da guerra. Mentres homes e mulleres matan e morren, ao redor da Pensión Eva concéntrase a historia íntima do pobo siciliano. Unhahistoria que se personifica no espertar da curiosidade dun rapaz polosexo e remata coa descuberta do amor, nun intento por entender o mundo e chegar a saber que é o que realmente importa. Un espazo prohibido, o da pensión, que esconde as fantasías eróticas e tamén as arelasdunha sociedade atormentada pola guerra e o fascismo. Camillerisorprende cunha novela tenra que non evita certa crueldade, e queengaiola polos personaxes, moi próximos aos das películas de Fellini, nos que a aparente tolería agacha, en realidade, unha inmensa verdade.