Milo e Loberto
ISBN: 9788482895741
O novo cómic infantil de Gastón Caba, é un libro cheo de historietasonde coñeceremos a dous novos personaxes que estamos seguros quenon vai deixar indiferente a ninguén. A través de Milo (un pequenomorcego cheo de pencas) e do seu recente amigo Loberto, viviremosaventuras e situacións cotiás con moito humor á vez que imosaprendendo sobre eles e o seu peculiar xeito de relacionarse. O libro está estruturado en vinte historias diferentes, con poucotexto e en maiúsculas. Adaptado para os lectores máis pequenos (enon tan pequenos). Levan un máximo de seis viñetas por páxina cunhatipografía e cun deseño moderno que potencia sobre todo aexpresividade das ilustracións.