Chamizo
ISBN: 9788483026168
Nesta novela cóntase a historia de Martina, unha nena de nove anos, que desexa máis ca nada no mundo poder ter un animal, aínda que éconsciente de que sería malo para el vivir nunha cidade. Porcasualidade atopa un gatiño nunha papeleira cando chega ócolexio. Despois de numerosas vicisitudes para oculta-lo animal durante todo o día, convence facilmente ós seus país (ela cría erroneamenteque odiaban os animais) para volver ó colexio e recoller a Chamizo-nome co que Martina bautiza o gatiño-, oculto nos armarios da aula. Recolleno e Martína, na súa cama pola noite, chora de felicidade. Nonobstante, Martina sabe que o gatiño ten que ir á aldea cos avós, poisun piso nunha cidade é unha gaiola para un animal.