Se rendre au contenu

En Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro aborda, con todo o dramatismo que comporta, o tema da guerra civil en Galicia, relatando, a partirdun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestresrurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar. Coa súa mestría de magnífico narrador, Xosé Fernández Ferreiro conduce con gran axilidade o lector pola trama da novela, emergúllao nunha atmosfera abafante, de crueza e tensión, na que aspaixóns das persoas, con todas as súas vilezas, saen a flote nuncontexto en que amor e odio se tocan. A trama váisenos desvelando apartir da concepción polifónica da estructura, que dosifica a intrigae participa desa concepción tan cinematográfica. da narrativa de Ferreiro. Agosto do 36 é unha pequena xoia que continúa vixente evivísima unha década despois da súa publicación.