Se rendre au contenu

O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombrascobran luz e os amantes soñan con ser camelias e florecer mesmo noinverno. Henrique Bouzas, un emigrante retornado, acode a unha citanos xardíns do sur para pagar a débeda que o seu avó mantiña cun dosseus familiares. Os refachos de néboa no camiño devolven o amorperdido á peregrina. Víctor, un xove escultor múdase ao Residencial Cero, unha novidosa urbanización de apartamentos sen fiestras ninportas que reúne soidades e constrúe un novo pensamento. Os médicos do servicio de urxencias diagnosticáronlle que o seu corazón fuxira doseu corpo... Lúas de nácara, o último libro de Fina Casalderrey dentro da colección Fóra de Xogo, son cinco relatos unidos todos eles porestar feitos coa materia dos soños, do amor e da soidade, ambientadosnesas horas de nácara en que as sombras cobran luz. Un libro para oslectores e lectoras que se atreven a sorprenderse e emocionarse.