🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

A visión do amor no cancioneiro de Don Denis

2016 286 p. GLG
ISBN: 9788484873006 LAIOVENTO (IBD) ENSAIO
19,15 € 19,15 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

A visión do amor no cancioneiro de Don Denis Estudo e edición de 33 cantigas de amor. Este libro parte dun corpus textualconstituído por trinta e tres cantigas de amor do rei e trobadorportugués Don Denis (1261-1325), nas cales aparece recollido demodo explícito o motivo da visión da dama, tópico xa presente naliteratura desde a Antigüidade Clásica. A través dos textos trázase unha análise desde a perspectiva da visión e do amortrobadoresco, unha panorámica do sentimento amoroso experimentadopola voz poética masculina, cuxa xénese vén dada precisamente polacontemplación da senhor. Este estudo vai acompañado do comentarioretórico e literario de cada unha das trinta e tres composicións, así como da súa fi xación textual, realizada seguindo as tendencias \'neo-lachmanianas\' e outras achegas actuais e signifi cativas da crítica textual. O cancioneiro de Don Denis, composto por centotrinta e sete cantigas, fai del o trobador máis prolífi co da nosapoesía medieval, mais este destaca tamén cualitativamente, debido á unión nas súas composicións da tradición poética previa conelementos innovadores, así como polo diálogo que estabelece conoutras escolas, nomeadamente a provenzal. O presente estudopretende pór de relevo a singularidade da produción lírica de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza a nosa poesíamedieval, ponderando, de por parte, o seu papel como o últimogrande monarca da escola trobadoresca galego-portuguesa, feito queredundará no (re)coñecemento, recuperación e valoración donoso glorioso patrimonio cultural e literario