A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE. O Hospital Álvaro Cunqueiro:
ISBN: 9788484873167 LAIOVENTO (IBD)
A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE. O Hospital Álvaro Cunqueiro: a grandeestafa. Vaamonde García, Pablo (Coord.) Este libro analizacon detalle a situación a que se chegou co desastre do novo hospitalde Vigo e sitúa este relato no contexto galego, estatal einternacional. Os seus autores son persoas con gran compromiso sociale recoñecidos coñecementos e experiencia sobre o tema. Tamén aportan e propoñen alternativas para dar saída á problemática creada con esteproxecto cheo de irregularidades. É un libro excelente que nos incitaa todos a seguir loitando e traballando polo dereito á saúde e paraque os intereses da poboación prevalezan sobre os das multinacionais, dos es¬peculadores e das tramas que queren facer negocio e lucrarse de forma indecente a expensas dos orzamentos públicos, mesmo poñendo enrisco a continuidade do actual sistema sanitario. Marciano Sánchez-Bayle Os recortes e as medidas destinadas aodesmantelamento e privatización da Sanidade pública foron a norma noscatro anos de mandato do PP. Só se moderaron, en parte, polo amplorexeitamento social e profesional que se produciu case desde oprimeiro momento. Durante estes anos producíronse as maioresmobilizacións coñecidas en defensa da Sanidade pública estendidas portoda a xeografía do país. Manuel Martín García Non todo estáperdido: as plataformas de defensa da sanidade pública te¬ñenconseguido grandes éxitos. Mais o único que pode salvar os dereitosconseguidos e restaurar o Estado de benestar é un goberno de progresoque defenda a sanidade e os servizos públicos e que procuredesligarnos de calquera tratado internacional antidemocrático(TTIP/TISA ou similar). María Luísa Lores Aguín Os cidadáns nonpoderán esquecer que, por decisións políticas e por afán de lucro, osdirixentes do PP están a poñer en risco a saúde colec¬tiva, ademais de deixar unha severa hipoteca para o futuro da sanidade pública galega. Este hospital, que Núñez Feijoo presentou como o gran proxecto do seu mandato presidencial, deixa ver ás claras o que é na realidade: unhagran estafa. Pablo Vaamonde García