Se rendre au contenu

Título: OUTRAMENTE Autora: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO Xornalde Galicia tivo o privilexio de contar entre as súas firmas cunhalíder de opinión de indiscutible nivel argumentativo. A chegada daprofesora Pilar García Negro a Xornal de Galicia impregnou -aíndamáis- as páxinas do diario de paixón pola defensa da lingua propia de Galicia a través de argumentos e razoamentos consistentes, pero taména través de sentimentos de pertenza a un país, a unha lingua, a unssímbolos e a uns referentes históricos. JOSÉ LUIS GÓMEZ, director-fundador de Xornal de Galicia. Os lectores de Xornal... adoitaron recibir os artigos desta analista con complexosdebates, xa que os temas elexidos, entre eles todo o relativo ádefensa do noso idioma e o que representa, e, sobre todo, aargumentación exposta para defender as súas posicións, non deixaronindiferentes a ninguén. García Negro sostén que a lingua é "o ben máis democrático que posuímos: a lingua de noso, a que nos configurou enos construíu, mesmo en contra da nosa vontade". MARÍA M. VAL, subdirectora e directora en funcións de Xornal de Galicia.