Se rendre au contenu

Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas do século XX, non foi nada doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos. As irmandiñas non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coados compañeiros, mais o seu compromiso e actividades non foronen absoluto irrelevantes. Quer no activismo inicial tras onacemento das Irmandades, quer nos coros e agrupacións teatrais, na actividade intelectual no Seminario de Estudos Galegos, nodesenvolvemento editorial galego, na actividade política, noespallamento do ideal galeguista e republicano, na defensa dalingua, na escrita... Alí estaban as mulleres galegas cuxastraxectorias se recollen neste libro, para tentar cubrir un inxusto baleiro. A través dunha pescuda perseverante enhemerotecas, arquivos, fundacións, a través de fontes orais, aautora de Irmandiñas confirmou documentalmente que na acciónsocial, cultural e política, tamén estaban elas, mais esemantelo tan opaco que as cubriu e que apenas deixou pasar unharaiola de luz sobre as súas vidas e accións, foinas envolvendoaté a actualidade. Todas as que figuran no libro desenvolveron a súa actividade no período 1916-1936 e pódense encadrar dentro das entidades, asociacións, grupos ou organizacións que encabezan cada capítulo. Mulleres que deixaron a leira decruada e asemente botada. É tempo de recolleita.