Foula e ronsel
ISBN: 9788484874706
No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Ricardo Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre ahistoriografía da época enfrontando con método obxectivo as fontesdocumentais e as testemuñas presenciais. Iso fi xo a autora destevolume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráficoproporcionado pola súa compañeira de vida Mª Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura, engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que o coñeceron e trataron. A esas fontes uniuse a investigación da autorae a consulta exhaustiva de fontes hemerográficas para construír oespazo biográfico carvalhiano que abranxe de 1910 a 1941, un períodocrucial na súa formación e na súa vida, coa ditadura de Primo de Rivera, a República e a guerra (in)civil como pano de fondo, un período quese desenvolve en tres capítulos centrados na infancia e adolescenciano seu Ferrol natal, o primeiro, en Compostela e Ferrol, o segundo, een Madrid, Valencia, Andalucía e Ferrol, o terceiro. As formulacións galeguistas, a escrita, a metodoloxía da obrainvestigadora, o polifacetismo enciclopédico, a actividade cultural do ferrolán teñen a súa orixe no tempo que antecede ao período bélico, etapa que conformou Foula o ronsel. Os anos que marcaron a biografíade Ricardo Carvalho Calero (1910-1941).