Se rendre au contenu

Máis ca nunca, ou nin máis nin menos ca nunca, estamos na era dopandrama. O pandrama é totalizador. O prefixo pan e o substantivo drama, xunguidos no pandrama, apelan non só ao drama global, igual que apandemia se refire a unha epidemia global. O pandrama revélanos que todos os mundos entran nel, do mesmo xeitoque todos os dramas entran no mundo. O pandrama, así mesmo, vai máis aló do que entendemos por dramaclásico, por tanto, inclúe o posdrama. A suma do drama e o posdrama éo pandrama. Porque a palabra en acción non só representa ou imita omundo, como acontece na forma dramática a través do diálogo dospersonaxes nunha situación de conflito. A palabra en acción éperformativa e, en consecuencia, tamén pode crear ou xerar mundosreais. A ficción fica na cabeza de cadaquén. Todas as palabras e silencios que se ofrecen neste libro son acción, son xogo. Para iso necesítante, necesítannos, para poñelas en acción. E, ao activalas, crear o mundo de novo, como crianzas, como deuses.