A muller de lona
ISBN: 9788484875840
O mesmo día no que Hipólito Foxo, o único empregado dun aparcadoiro, empeza a redacción de dúas cartas ás mulleres coas que conviveclandestinamente para rachar cunha delas, recibe a sospeitosa chamadada súa xefa que o arrastra a unha situación que non ambicionaba e daque non sabe saír. O protagonista da novela enfróntase a dúasencrucilladas, a sentimental e a laboral, inspirándose na modelopublicitaria, a quen lle da voz, que protagoniza a campaña de invernoduns grandes almacéns. Hipólito, un home cada vez máis ausente do seuhábitat, converte a procura de respostas nunha sorte de resistenciaindividual fronte a unha sociedade cada vez máis tecnolóxica queesmaga a través das mensaxes publicitarias do mundo actual a súaindividualidade. A presenza da modelo na fachada dos grandes almacénsaxúdalle durante 28 días a enfrontar a enxurrada de dúbidas e ameazasque amosan a vulnerabilidade do home actual fronte ao pensamento e ospatróns dominantes das grandes campañas de publicidade. A novelaresolve con doses de humor e unha marea ben argallada de personaxes as relacións do protagonista coa súa propia contorna: as súas parellas, os seus colegas de traballo, os vellos compañeiros da escola de FP, aveciñanza, un comunicante anónimo, ... O autor fai un intensoexercicio de experimentación no seu proceder narrativo, propoñendounha estrutura para o relato chea de virtudes que dinamizan, ao tempoque ensanchan, a mirada do lector ante unha historia en constantemovemento. Mirar a vida a través dos ollos de Hipólito -din o xornalista Ramón Rozas autor do limiar que antecede a novela-, dende o seu refuxiolaboral entre choivas, fríos e coches é poñerse ante un cantil dende o que arroxar unha botella ao mar. Palabras enchoupadas de soidades que procuran resistir unha oleaxe cada vez máis forte, como a queplantexan estes días, os días nos que vivimos, os días nos queresistimos.