Se rendre au contenu

Melpómene entre nós

2023 GLG
ISBN: 9788484876267 LAIOVENTO (IBD) Ensaio - Pequisa
28,82 € 28,82 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 7–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

O legado cultural da Antigüidade Grecolatina espalla a súa enormeinfluencia por todo o mundo occidental ata os nosos días e, aínda quepenetra con certas dificultades na literatura galega, é un dos máisdestacados alicerces temáticos do teatro galego dos séculos XX e XXI. Os mitos e as lendas do mundo grecolatino, os episodios históricos daépoca antiga, as ideas dos seus grandes filósofos ou as obras tráxicas e cómicas reviven nas achegas dramáticas de Manuel Lourenzo, Isaac Díaz Pardo, Millán Picouto, María Xosé Queizán, Xosé Manuel Rodríguez Pampín ou Luz Pozo Garza, entre outras moitas figuras de renome danosa literatura contemporánea. Melpómene entre nós é un ensaio queafonda nas polimorfas reinterpretacións da tradición clásica a travésda ollada dos nosos dramaturgos e das nosas dramaturgas, unha obra que se constrúe sobre a análise e o comentario dunha ampla selecta detextos teatrais dende unha perspectiva filolóxica e que buscareivindicar a literatura dramática inspirada nos modelos clásicos para o canon das nosas letras.