Se rendre au contenu

Lacan en Compostela

2023 GLG
ISBN: 9788484876441 LAIOVENTO (IBD) Ensaio
17,26 € 17,26 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 7–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Este libro podería ser visto como unha tentativa de psicanalizar acultura galega a través dun dos seus buques insignia: a tradiciónliteraria. Mais non se trata de curar nada, na medida en que, enpuridade, non hai posibilidade de transferencia a un suxeito que éunha entelequia, de tan plural e polimorfo, mais si de percibirmossíntomas, de irmos recollendo un por un aqueles aspectos que semellanter unha certa relevancia, dándolles nome, sinalándoos, por medio dunconxunto de disciplinas que exceden con moito a psicanálise mais quese sitúan á súa beira e en contacto moi estreito dentro do ámbitoxeral da humanística. Lugares aos que chegamos por medio da filoloxía, da teoría literaria, da socioloxía, da lingüística, da hermenéutica, da filosofía, aprendices de todo e mestres de nada, nun exercicio queé, sobre todo, un exercicio teórico mais tamén de escrita e de estilo. Entendemos que hai unha perspectiva sincrónica enganosa que non debeesquecer a propia diacronía. E que esta forclusión, cando se dá entanto que olvido traumático, cabe entendela xa como un sinalsignificativo, un enunciado que demanda ser escoitado. M. F.