Se rendre au contenu

Arredor Das Irmandades Da Fala

VV.AA.

2016
ISBN: 9788491210900
28,58 € 28,58 €

 Terminos y condiciones 
Envio: de 7 a 10 dias habiles

Este libro, coordinado polo profesor Luís Cochón, reúne trintatraballos moi diversos arredor das Irmandades da Fala, o fenómeno quesupón o principio da modernidade en Galicia no século XX. Un período, entre 1914 e 1931, que na historia do galeguismo configura un espazosen volta no acontecer de Galicia, que comeza co inicio da Gran Guerra e se alonga até a proclamación da República do 31, ano de fundacióndo Partido Galeguista e da celebración da VII Asemblea das Irmandadesda Fala, principio e cabo deste tempo. Tras un limiar de X. L. Méndez Ferrín e unhas palabras introdutorias do editor literario, ostraballos organízanse en tres grandes bloques: Pensamento, Política e Poética. Unha tríade que, coincidindo coa celebración do centenario da creación das Irmandades da Fala, artella un libro de intención coral, interdisciplinar, transversal e aberta. &quot, Nesta obra, en realidade, aquel que se presenta comocoordinador é verdadeiramente un autor. Luís Cochón esixe e orienta os partícipes que ten ao seu redor e reparte traballo. E dálles apalabra aos mortos. Pilla aquí e acolá, do patrimonio de vivos edefuntos, porcións de pensamento que acheguen máis as Irmandades paraque poidamos rescatalas do estado de momificación nocional en que seencontran no discurso histórico comunmente aceite e oficializado. Pódese falar de collage, de mosaico, mesmo de farrapeira, pero oresultado é un centón que vai apaixonar o lector disposto a participar da aventura menos coñecida do pasado do cal dependemos". X. L. MÉNDEZ FERRÍN