Se rendre au contenu

O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas paradentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle quefalase. &quot, Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderámoitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender-nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarsetantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máismedo, nin vergoña de ser quen son. &quot, Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. &quot, 22 segundos &quot, relata, en primeira persoa, anacos dainfancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeirosanos sabe -sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero noncoincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que buscavisibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamentesilenciadas e denigradas que loita por que as leis -e a sociedade-deixen de consideralas enfermas.