Se rendre au contenu

A comezos do século XIX, a vida transcorre lentamente na vilamariñeira da Guarda. Rosa, unha rapaza orfa e pobre, ve morrer a anciá señora á que coidaba e sente que todo o seu mundo se derruba. Unforasteiro, don Leandro, chega para facerse cargo da herdanza damuller e pouco a pouco aprenderá a valorar as bondades do lugar, dasxentes e do tipo de vida que alí se lle ofrece, polo que decidequedar. Os traballos e os días, os amores e desamores, parecendirixirse cara a un final feliz cando se produce a invasión francesa. O paso das tropas napoleónicas pola vila afectará as súas vidas parasempre. &quot, Claro de lúa &quot, é unha homenaxe ás grandes novelasdecimonónicas. Escrita cunha boa dose de amor e humor, nela escóitanse ecos de Jane Austen, Charlotte Brönte e Leon Tolstoi entre outros, arroupados polo piano da famosa sonata de Beethoven.