Se rendre au contenu

Unha mente que voa

2020 128 p. GLG
ISBN: 9788491217619 XERAIS OBRAS DE REFERENCIA - BÁSICOS CIENCIA
20,14 € 20,14 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 7–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Agora mesmo, ao ler estas liñas, estás a utilizar a habilidade máissorprendente e extraordinaria da túa mente: a linguaxe, unhaferramenta única que usamos os humanos modernos para elaborar opensamento e para comunicar todo tipo de ideas dunha mente a outra. Éalgo que nos diferencia de todos os demais seres vivos coñecidos. Ningún outro animal posúe algo remotamente similar, xa que no seu caso manexan sistemas de comunicación que carecen do simbolismo e asintaxe propios da linguaxe. Como xurdiu está capacidade única doshumanos? A evolución da linguaxe é un dos problemas máis fascinantesda ciencia actual. Este atractivo libro do neurocientífico e divulgador Xurxo Mariño éunha aventura de misterio na que pouco a pouco van aparecendo pistassobre o desenvolvemento da nosa capacidade lingüística, tanto a medida que remexemos na evolución biolóxica e cultural do xénero Homo, comotamén observando os cambios que se producen durante os primeiros anosde vida das nenas e nenos.