Se rendre au contenu

BREVEDUME

2019 GLG
ISBN: 9788491513513 GALAXIA
22,64 € 22,64 €

 Terminos y condiciones 
Envio: de 7 a 10 dias habiles
Si no lo tenemos en tienda, te lo pedimos a nuestro proveedor — entrega en aprox. 7 días hábiles.

(A vida feita anacos) A Borrazás gústalle pensar que o autor deste libro é el, cando menosunha sorte de primus inter pares nunha táboa redonda na que sentandesde Epicuro a Andy Warhol pasando por Oscar Wilde, Pasolini e Josep Pla, entre moitos outros. Se na cuberta o único nome é o seu, débese a custións de espazo. Pola súa banda, é a economía do tempo a queartella e determina o percorrido das reflexións irónicas, os paradoxos elucidatorios e as certezas imperfectas anotadas desde 1998 a 2018. O libro segue un percurso: o da relación entre quen escribe -e cre quepensa- e o mundo, esa existencia estraña que o escritor ten diante e á que custa manterlle o paso, e o pulso, un mundo que o autor confronta unhas veces con delectación, outras con perplexidade, algunhas conxenreira. As máis, co humor dun desenganado a quen non lle faltaachego polo que observa e como homenaxe ás posibilidades que xorden de combinar a razón e a imaxinación nun molde literario. Laiábase Talleyrand de que non dispuxera de tempo abondo para ser breve. Oautor desta Vida feita anacos tívoo, velaquí vinte anos estrullados, dixeridos e deitados no papel, que a bo seguro han ter continuidadeporque, mentres haxa abraio, haberá literatura.