Que me queres amor? (ilustrada)
ISBN: 9788491515739 GALAXIA
Edición conmemorativa 25 aniversario. Que me queres amor, Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacionalde Narrativa 1996, supuxo para Manuel Rivas a súa consagracióndefinitiva como narrador, e, vinte e cinco anos despois da súapublicación, que celebramos con esta edición ilustrada, segue adescubrir o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancuraluminosa do leite fresco, onde Rivas, sobre ese territorio en quea realidade linda cos soños, nos ofrece unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un conxunto de relatos que rescatan a grandeza do pequeno.