Os corpos dos Romanov
ISBN: 9788491519539 GALAXIA Literaria
Premio DE NARRATIVA BREVE Repsol 2022Dous homes entran nun bar. Non se coñecen, nunca cruzaron palabra enon poden sospeitar que, cinco días despois, un morrerá a mans dooutro. Niso terá moito que ver unha muller, Carol Kembler, a irmádunha nena desaparecida trinta anos atrás. E un suceso insólito: aevacuación de Augsburgo durante o Nadal de 2016 ao descubrirse unhabomba da Segunda Guerra Mundial que non estourara. A cidade baleirada devorará a Matthias Lentz, a Wilhelm Wegener e ápropia Carol nunha novela sobre o cruzamento involuntario de vidas epasados, as cicatrices mal disimuladas do trauma e o silencio agrestedo que permanece oculto. Pero tamén sobre o azar que move o mundo e os campos de minas que poden chegar a ser certas familias. Cun estiloliterario inconfundible, ao tempo fráxil e punxente, Alberto Ramosconstrúe en Os corpos dos Romanov unha intriga cativadora que atrapa a quen le na recámara onde cada segredo terrible agarda a súadetonación.