🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

Tres pasos polo misterio

2004 216 p. GLG
ISBN: 9788497821056 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
14,34 € 14,34 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Tres pasos polo misterio recolle tres relatos nos que a presenza domisterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicable que acabou por mudar de xeitoprofundo a súa vida. O arqueólogo de "A serpe de pedra" conta osterribles acontecementos acaecidos nun museo de Lugo provocados polamaldición agochada durante miles de anos baixo un monumentomegalítico. O xove peregrino de "A vella foto das estrelas" relatacomo debido a un encontro marabilloso acaecido no Camiño de Santiagotocou o misterio da presenza terrible e marabillosa que vén coa noitechea de estrelas. O historiador de "As sombras do faro" rememora, trinta anos despois, os estraños e desacougantes sucesos, tan clarosna súa memoria, da enigmática torre de Pontebranca, un faro derruído, onde se viviron experiencias terribles. Un libro que guía os nosospasos polos camiños do misterio, da intriga e do terror.