🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

Todo ben

2010 136 p. GLG
ISBN: 9788497826310 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
13,02 € 13,02 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Todo ben ábrese coa noticia do asasinato de Andrés Fingoy, un ricoemigrante galego aspirante á presidencia do Flamengo, no estadio de Maracaná do Río de Janeiro. Na noticia incúlpase como principalsospeitoso ao xornalista Marcos Andrade, un náufrago e poeta namoradodo fútbol. Logo de intentar cambiar o mundo en varias aventurasperiodísticas en Galicia, Marcos Andrade decidiu procurar novoshorizontes en Brasil colaborando no xornal O Globo coas súas crónicasdeportivas, nas que defende un fútbol forte e teimoso coma os ventosdo norte, alegre coma o son dos tambores que chegan dos mares do sur e de ideas longas coma as ondas do océano.25 anos despois da súa publicación, Todo ben renace cunha segunda vida tras unha completa revisión do autor. A obra mantén a cerna dunhahistoria que se move en «serie negra», cunha singular ubicación no Brasil e coa corrupción no fútbol e na política como coordenadastemáticas principais. Unha feliz re-existencia da primeira novela de Manuel Rivas, o narrador galego máis aclamado do noso tempo.