Istambul. As lembranzas e a cidade
ISBN: 9788498651447 Editorial Galaxia, S.A. Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
Premio Nobel de Literatura 2006. As lembranzas, ás veces, son coma asfotos da memoria. Para Orhan Pamuk a memoria está indisolublementeunida á cidade de nacencia. Neste libro, abre perante os lectores oseu álbum familiar, o da súa infancia e dos anos de aprendizaxe. Delxorde unha Istambul distinta, íntima mais tamén exótica: a dasmansións en ruínas dos paxás e os vellos transbordadores do Bósforo, a das ruelas e os barrios da periferia, a da melancolía. Unha alquimiaentre memoria e literatura que desvela pouco a pouco a auténticapatria do escritor. Premio Nobel de Literatura 2006