🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

O sabre do francés

2012 228 p. GLG
ISBN: 9788498654233 GALAXIA Literaria
19,67 € 19,67 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Trece relatos que pretenden recuperar o mellor espírito da narrativahistórica, de aventuras e fantástica. Cunha imaxe de cuberta realizada especialmente para esta edición polo pintor Saúl Otero. Nestesrelatos con forza e con ritmo, as imaxes encadéanse en secuencias case cinematográficas, ao tempo que narran, en intensas peripecias, adramática loita dos galegos contra as tropas napoleónicas na Afrancesada de 1809. Trátase, segundo a crítica, dunha achega orixinal e afortunada a un período da historia de Galicia pouco explorado pola narrativa. En O sabre do francés, o creador da serie do detective Frank Soutelo achégase ao relato histórico combinándoo por veces coanarración de aventuras e fantástica. Moitas das historias aquíreunidas xurdiron a partir de feitos reais recollidos por cronistas ehistoriadores, e mesmo conservados na tradición oral, sobre todo nascomarcas do Carballiño e do Ribeiro, aínda que a presenza dosinvasores franceses por toda Galicia, entre xaneiro e xuño de 1809, espalla a acción dos relatos ao longo de todo o país. Dez anos despoisda primeira edición, Galaxia volve publicar O sabre do francés nunhanova edición corrixida e ampliada polo seu autor, Miguel Anxo Fernández. Inclúese un relato inédito, 'A negativa do dragón Emeri Vendermot', e incorpórase 'O sangue dos Cortiña', anteriormentepublicado en volume exento.