O vigairo/ A monxa-frade/Agromar/Aucto de Santa María
ISBN: 9788498656022 GALAXIA Biblioteca Xosé Filgueira Valverde
En O vigairo, Filgueira Valverde fai unha loa literaria do mar de Pontevedra, o mar do comercio do sal e dos quimóns da sardiña. Osvigairos eran as vellas autoridades dos gremios do mar, evocados nuntexto que vén dacabalo da ficción narrativa e a lírica ensoñadora. Saudades dunha Pontevedra soñada, documentada, mais tamén imaxinada, unha das constantes da preocupación intelectual, histórica, artísticae mesmo literaria do autor. A monxa-frade, tamén de inspiración histórica, aínda que ficcionada, é un texto inédito que xurdiu dunha encomenda dos promotores dacolección "Contos do Castromil" (1992). Filgueira Valverde preparou este relato, que non chegou a rematarestilisticamente, mais que formal e estruturalmente está xa logrado. Como tal, como non totalmente concluído, publícase neste libro. Agromar é moito máis ca teatro infantil, son reflexións sobre oproxecto galeguista nunha época na que se vivía a tensión ideolóxica e cultural entre o mundo da vila e o mundo da aldea. Pola súa banda, Aucto de como Santa María foi levada aos ceos pra a festa da nosaseñora en agosto (refeito con testos dos séculos XIII e XIV) foipublicado por primeira vez no número 25 da revista Grial. Unha vezmáis, Filgueira bota man da erudición histórica para reelaborar unauto sacramental que relaciona coas orixes ou tradición do teatrogalego: "Unha peza de teatro litúrxico medieval na nosa fala galega", segundo advirte o autor no limiar.