O monstro das palabras
ISBN: 9788499140513 XERAIS
Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala, están comoaparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega amestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica achegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outrasveces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrellesque, en realidade, ela non é unha persoa "normal", que ten centos deanos, é que unha gardadora de palabras. O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo aforma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e anecesidade de defendela dos que a atacan. "A lingua é un ser vivo eestá vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos" escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.