Se rendre au contenu

Os Celtas

2010 GLG
ISBN: 9788499140964 XERAIS
29,34 € 29,34 €

Paiement par : Virement VISA
Livraison en 7–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigaciónarqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, depolémica, na década dos oitenta. A comunidade científica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha división negativa entre celtófilos eceltófobos, como se de equipos de fútbol se tratase. Proliferaron, aquí, publicacións sobre o celtismo, nas que todo era, e aínda é, celta, ou nas que a verba celta pouco máis ocupaba que unha parte dotítulo. Neste libro, o autor fixo un achegamento á cuestión, fuxindo dostópicos e das repeticións miméticas do que se escribiu sobre oceltismo europeo. Galicia ten unha personalidade propia e diferenciada desde a Prehistoria, polo que o estudo do seu devir histórico precisa dun tratamento específico. Partindo da premisa de que o celta é, primo et per se, unha cuestión de lingua, faise un percorrido polocampo do indoeuropeo, polo Hallstatt e La Tène, tratados como culturas arqueolóxicas, así como polas actuais teorías científicaspeninsulares, para rematar entrando en Galicia. Repásase, aquí, ahistoriografía de precursores e románticos sobre celtas e analízanseas fontes clásicas que fan referencia á Terra. Dedícase un densocapítulo á fulcral cuestión lingüística e outro á sociedade e arelixión no resto de España e en Galicia, sempre procurando asposibles semellanzas e diferenzas. Faise tamén unha incursión namateria de Bretaña, polo achegamento céltico medieval que puidosignificar e compárase a arte peninsular dos pobos ibéricos, da Meseta e galaicos, para rematar cun achegamento aos aspectos etnográficosque, de xeito superficial e mistificador, figuran nas publicaciónssobre celtas. Ilustra o libro un completo aparato gráfico, elaborado ad hoc poloautor, así como unha bibliografía ampla, actualizada e en versiónorixinal dos diferentes países europeos nos que se investiga apresenza ou ausencia de celtas.