A Cabeza de Medusa
ISBN: 9788499140988
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? Emellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes porcabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúasmozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entresucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ouaferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propiadignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceirapersoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadorado Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxugaa descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, "unha prosa áxil e dinámicaque avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece oacontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que seresolve". A amplificación social da violación e tamén a procura dosamor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia aomedo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela convalentía, claridade e tenrura.